Wednesday 01 de May de 2024

O prazo para presentar as axudas ás entidades sen ánimo de lucro remata o luns


O Concello de Cambre lémbralle a a todas as asociacións vecinais que o prazo para solicitar a convocatoria pública de subvencións municipais a entidades sen fin de lucro 2016 remata o luns dia 14 de novembro.

As mencionadas bases publicáronse no Boletín Oficial da Provincia número 191 do xoves 6 de outubro de 2016 e o extracto da convocatoria, a través da Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS) no boletín número 195 do venres 14 de outubro de 2016. Disponse do prazo dun mes para presentar a correspondente solicitude de subvención; o prazo de presentación remata o día 14 de novembro de 2016.

O formulario de solicitude, así como as bases da convocatoria, poden descargarse da páxina web do Concello, ou recollerse nos Rexistros Municipais e nas oficinas de Cultura, Deportes e Educación na Barcala.

Para calquera dúbida ou consulta quedamos á vosa disposición no teléfono 981 61 31 93 (Cultura), 981 61 31 86 (Deportes), 981 61 32 91 (Educación) ou nas dependencias municipais..